Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente relativo ao recurso de alzada presentado contra a Resolución do 14 de marzo de 2016.

Con data do 14 de marzo de 2016, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade ditou resolución no expediente B-0631, desestimatoria da solicitude presentada por Huberto Manuel Guillán Guerra sobre habilitación profesional como condutor de ambulancia de clase B-C.

A resolución desestimatoria foi obxecto de recurso de alzada presentado o 19 de abril de 2016 polo mesmo interesado.

Con data do 21 de outubro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución desestimatoria do recurso de alzada presentado contra a resolución da Secretaría Xeral Técnica, do 14 de marzo de 2016, en relación co expediente número B-0631.

Unha vez intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no parágrafo 5 do citado artigo, notifícaselle a Huberto Manuel Guillán Guerra o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que contra a resolución ditada en alzada, que pon fin á vía administrativa de conformidade co previsto no artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: B-0631 (habilitación profesional de transporte sanitario).

Interesado: Huberto Manuel Guillán Guerra.

Último enderezo coñecido: rúa Víctor López Seoane nº 7, 1º D, 15007 A Coruña.

Resolución de alzada: desestimatoria.