Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, dunha subministración de equipamentos para os laboratorios de sanidade e produción animal da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 34/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para os laboratorios de sanidade e produción animal da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59288

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 23 de agosto, BOE do 1 de setembro e DOG do 9 de setembro de 2016.

e) División por lotes e número: si, lote 1: sistema de monitorización de temperatura e control de alarmas; lote 2: sistema de identificación bacteriana e fúnxica mediante espectrometría de masas MALDI-TOF; lote 3: equipamento de espectroscopia de emisión óptica por plasma adaptado indutivamente (ICP-OES), e lote 4: sistema de espectrometría de masas adaptado á cromatografía líquida de ultra alta eficacia tipo UPLC (LC-MS/MS).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 562.420,46 €; IVE (21 %): 118.108,30 €, Importe total: 680.528,76 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 562.420,46 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: sistema de monitorización de temperatura e control de alarmas.

a) Data de adxudicación: 3 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Nirco, S.L.

c) Importe: 83.974,00 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 2: sistema de identificación bacteriana e fúnxica mediante espectrometría de masas MALDI-TOF.

a) Data de adxudicación: 3 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Biomerieux España, S.A.

c) Importe: 171.215 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 3: equipamento de espectroscopia de emisión óptica por plasma adaptado indutivamente (ICP-OES).

a) Data de adxudicación: 3 de novembro de 2016.

b) Adxudicataria: Thermo Fisher Scientific, S.L.

c) Importe: 54.450 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 4: sistema de espectrometría de masas adaptado á cromatografía líquida de ultra alta eficacia tipo UPLC (LC-MS/MS).

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2016.

b) Adxudicataria: Bruker Española, S.A.

c) Importe: 254.100 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural