Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCION do 21 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente e anticipada de gasto, do servizo de limpeza en diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, distribuído en doce lotes (expediente 5/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural indicadas no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: si, doce. Lote 1: Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia e dúas oficinas agrarias comarcais. A Coruña. Lote 2: tres oficinas agrarias comarcais. Lugo. Lote 3: oficinas agrarias comarcais. Ourense. Lote 4: Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Lote 5: oficinas agrarias comarcais de Pontevedra e Subestación de Viticultura de Ribadumia. Lote 6: trece oficinas agrarias comarcais. A Coruña. Lote 7: distritos forestais e outras dependencias. A Coruña. Lote 8: trece oficinas agrarias comarcais. Lugo. Lote 9: distritos forestais. Lugo. Lote 10: oficinas agrarias comarcais e oficina na Xefatura Provincial. Ourense. Lote 11: distritos forestais. Ourense. Lote 12: distritos forestais. Pontevedra.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de seis (6) meses desde o día seguinte ao da formalización do contrato, coa excepción prevista na alínea C do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e anticipada de gasto. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na alínea A do «cadro de criterios de adxudicación do contrato» do cadro de características.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 206.589,78 €, IVE (21 %): 43.383,85 €. Importe total: 279.973,63 €.

Valor estimado: 206.589,78 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1 e a categoría que corresponda segundo os lotes a que licite, estará exento de presentar solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas), 981 54 57 87 (consultas técnicas), 981 18 45 17 (A Coruña), 982 29 44 56 (Lugo), 988 38 64 67 (Ourense) e 986 80 54 23 (Pontevedra).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93965.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax 981 54 40 47, ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/das adxudicatario/s.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural