Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LAT 132 kV, subestación Ludrio-subestación Meira, no concello da Pastoriza (expediente 011/2010 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...» mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada LAT 132 kV, subestación Ludrio-subestación Meira, que terá lugar na Casa do Concello da Pastoriza, como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 14 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 011/2010 AT.

Entidade beneficiaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.A.

Denominación: LAT 132 kV, subestación Ludrio-subestación Meira.

Concello: A Pastoriza (Lugo).

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

206

23

1006

Hrdos. de Benito Álvarez

1.2.2017

10.00

207

23

1005

Hrdos. de Josefa Jinzo Díaz

1.2.2017

10.00