Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2016/116-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedarán condicionadas á súa publicación no tablón de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñer recurso no tempo e na forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 9 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2016/116-1.

Acta inf. nº: I152016000010181.

Empresa: Suma Servicios Hostelería, S.L.

NIF: B70290036.

Concello: A Coruña (A Coruña)

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 4 de outubro de 2016.

2. Expediente: RL 2016/201-1.

Acta inf. nº: I152016000042416.

Empresa: Aprendizaje Direct, S.L.

NIF: B70315338.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña)

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 11 de novembro de 2016.

3. Expediente: RL 2016/225-1.

Acta inf. nº: I152016000041608.

Empresa: Suerpem, S.L.

NIF: B70300827.

Concello: A Coruña.

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 11 de novembro de 2016.

4. Expediente nº: RL 2016/250-1.

Acta inf. nº: I152016000044133.

Empresa: José López Freijomil.

NIF: 02879828K.

Concello: Madrid.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 16 de novembro de 2016.