Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55888

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (752/2015).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza 395.

En Vigo o vinte e oito de xuño de dous mil dezaseis.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 752/2015 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Victoria Campos Ruiz, representada pola procuradora dos tribunais Estela Veiga Campos e con asistencia letrada de Isabel Blanco Franco, contra Francisco Javier Uruburo Somoza, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Veiga Campos, en nome e representación de Victoria Campos Ruiz, contra Francisco Javier Uruburo Somoza, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Campos Ruiz, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Uruburo Somoza poderá relacionarse e ter na súa compañía a súa filla cando ambos os dous libremente e de común acordo así o decidan.

Terceiro. O Sr. Uruburo Somoza aboará en concepto de alimentos para a súa filla a cantidade de 300 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A devandita cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

A pensión debe entenderse debida desde a data de interposición da demanda.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios da menor, entre eles os médicos non cubertos pola Seguridade Social e as clases de apoio ou reforzo que poida necesitar.

Non procede especial pronunciamento sobre as custas.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que deberá interpoñerse no prazo de vinte días, contando a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado Francisco Javier Uruburo Somoza, en paradoiro descoñecido, expídese a presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 14 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza