Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55298

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2016 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1601).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público do persoal docente e investigador para o ano 2016 (Resolución do 2 de novembro de 2016; DOG do 10 de novembro).

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU; polo Decreto 266/2002; pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 39/2015; pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 40/2015; polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante EBEP; polos estatutos da Universidade de Vigo; polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 xullo de 2012; pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno do 8 de outubro de 2008; polas bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poder ser admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Os nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, dispoñendo do documento que os habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

b) Ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Acreditar a avaliación positiva por parte da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para estes resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE de 4 de marzo).

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estar inhabilitados ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

h) Ter finalizado o programa Ramón y Cajal como persoal investigador doutor e dispoñer do certificado I3 nas prazas que se indique no anexo I e reservadas de conformidade co artigo 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016 e no artigo 36 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Terceira. Solicitudes

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310 Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, 86, Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas en artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As solicitudes remitidas a través dunha oficina de Correos presentaranse en sobre aberto para que o persoal de Correos lles estampe a data de presentación na solicitude antes de ser certificada. O enderezo postal será o seguinte:

Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

Edificio Xerencia-Servizos Centrais.

Campus As Lagoas-Marcosende, s/n.

36310 Vigo (Pontevedra).

As solicitudes remitidas desde o estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, debendo figurar igualmente a data da súa presentación na solicitude. Neste caso, a presentación da solicitude comunicarase por correo electrónico á conta consultapdi@uvigo.es, enviando copia desta despois de presentala.

3.3. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios do Edificio de Xerencia-Servizos Centrais servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015.

Con independencia dos lugares en que regulamentariamente deban publicarse, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo se publicarán a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, na epígrafe «Convocatoria concursos de acceso».

3.4. Os dereitos de exame para cada praza (referencia) serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente número ES14 2080 0501 1231 1000 0112, Abanca, Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II). A entidade bancaria fará constar no xustificante o código CD1601, e a persoa interesada engadirá a referencia completa da praza en que desexa participar. No caso de pagamento mediante transferencia bancaria deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza en que concursa.

En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria dos dereitos de exame suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio ás persoas que sexan aspirantes cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

3.5. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia compulsada da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e as persoas candidatas que se atopen habilitadas copia da credencial que o acredite.

d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría deberá presentar folla de servizos orixinal que acredite o seu desempeño.

e) Xustificante do pagamento de taxas de exame.

f) Fotocopia compulsada da documentación acreditativa do cumprimento do requisito específico que se sinala na base 2.h) desta convocatoria para as prazas que se indiquen no anexo I.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar na súa solicitude, e pode unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de quince (15) días hábiles desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución en que se aprobe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor contra a dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente ditarase unha resolución en que se aprobe a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, salvo cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo III desta convocatoria e terán a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Salvo petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que está adscrita a praza convocada.

A Universidade fará públicos os currículum vítae dos membros das comisións de acceso no enderezo da internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, epígrafe «convocatorias concursos de acceso».

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros das comisións deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da Lei 40/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e, en último caso, resolverá o reitor.

5.2. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.3. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se é o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando o lugar, a data e a hora para proceder ao acto de constitución da comisión. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución cada comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.6. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do departamento a que está adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015 e na Lei 40/2015.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando o lugar e a hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, cada concursante entregará:

a) O currículum vítae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV, no que detallará os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil da praza, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículo, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito por parte das persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada as restantes que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos alegados no currículum vítae e debidamente xustificados, sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. O concurso realizarase nas dependencias da Universidade de Vigo. Constará dunha única proba que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto do concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á presidencia un informe razoado de cada unha das persoas que concursen, axustado aos criterios previamente fixados e con expresión explícita do seu voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde se realice a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985), en diante Lei 53/1984.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos de conformidade co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar que non se encontra inhabilitado ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

c) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das alíneas b) e c), tendo que presentar certificado (folla de servizos prestados) da universidade ou organismo de que dependa, que acredite a súa condición e as circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3.d), non será necesario o dito certificado cando xa se achegase coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesor contratado doutor ou como profesora contratada doutora das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acheguen a documentación requirida en prazo; de non facelo, o reitor procederá, se é o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento, e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.

7.6. No prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase proceder ao nomeamento da seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.

7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

7.8. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.

7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.

Oitava. Comisión de reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días naturais para formular alegacións sobre o contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo, que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedementais e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Acceso, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio e a Comisión de Acceso deberá formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución de documentación

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada exclusivamente no Servizo de Persoal Docente e Investigador pola persoa interesada dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento ou, se é o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non sexa retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1 O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

Vigo, 2 de decembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I
Relación de prazas convocadas

Praza nº 1

Código:

CD1601-C01-410-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-410 Fisioloxía

Departamento:

C01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

Fisioloxía de peixes

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía-Vigo

Praza nº 2

Código:

CD1601-T04-555-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-555 Enxeñaría Química

Departamento:

T04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora:

Reactores e biotecnoloxía (3º curso grao en Enxeñaría en Química Industrial)

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

Requisito adicional:

Ter rematado o contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3 (base 2.h) e 3.3.f)

Praza nº 3

Código:

CD1601-T08-385-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-385 Física Aplicada

Departamento:

T08 Física Aplicada

Actividade docente e investigadora:

G060202-Física II, ciencias do mar

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

Requisito adicional:

Ter rematado o contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3 (base 2.h) e 3.3.f)

Praza nº 4

Código:

CD1601-T08-385-CD-02

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-385 Física Aplicada

Departamento:

T08 Física Aplicada

Actividade docente e investigadora:

G200V01201 Física II

Centro de traballo:

311 Facultade de Química-Vigo

Requisito adicional:

Ter rematado o contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3 (base 2.h) e 3.3.f)

Praza nº 5

Código:

CD1601-T08-398-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-398 Física da Terra

Departamento:

T08 Física Aplicada

Actividade docente e investigadora:

Cambio climático (G260702), oceanografía (G260902), modelización e simulación ambiental (G260504)

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

Requisito adicional:

Ter rematado o contrato do programa Ramón y Cajal e ter acadado o certificado I3 (base 2.h) e 3.3.f)

Praza nº 6

Código:

CD1601-X02-130-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-130 Dereito Civil

Departamento:

X02 Dereito Privado

Actividade docente e investigadora:

Dereito civil: dereito de familia

Centro de traballo:

103 Facultade de Dereito-Ourense

Praza nº 7

Código:

CD1601-X05-245-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Fundamentos dos deportes colectivos I: balonmán (G050303). Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II (G050603)

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

Praza nº 8

Código:

CD1601-X05-245-CD-02

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Márketing e dirección de empresas deportivas (P02G050V01909). Actividade física e deporte adaptado (P02G050V01601)

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

Praza nº 9

Código:

CD1601-X11-070-CD-01

Nº de prazas:

1

Categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-070 Ciencia Política e da Administración

Departamento:

X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía

Actividade docente e investigadora:

A ciencia política e o novo paradigma da gobernanza

Centro de traballo:

204 Fac. CC. Sociais e da Comunicación-Pontevedra

ANEXO III
Comisións de selección

Praza nº 1: CD1601-C01-410-CD-01.

Área: Fisioloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Soengas Fernández

Catedrático

Vigo

Secretaría

Jesús Manuel Míguez Miramontes

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Nuria de Pedro Ormeño

Titular

Complutense de Madrid

Vogalía segunda

Isabel Míguez Besada

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Miguel Alfonso Pallares

Titular

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Manuel Alejo Aldegunde Villar

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

Ángel Luis Alonso Gómez

Titular

Complutense de Madrid

Vogalía primeira

Francisco Javier Sánchez Vázquez

Catedrático

Murcia

Vogalía segunda

María Jesús Delgado Saavedra

Catedrático

Complutense de Madrid

Vogalía terceira

María Isabel Navarro Álvarez

Titular

Barcelona

Praza nº 2: CD1601-T04-555-CD-01.

Área: Enxeñaría Química.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

María Carmen Veiga Barbazán

Catedrática

A Coruña

Secretaría

María Ángeles Sanromán Braga

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Ana Belén Moldes Menduíña

Contratada doutora

Vigo

Vogalía segunda

Gil Garrote Velasco

Titular

Vigo

Vogalía terceira

María Asunción Longo González

Titular

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez

Catedrático

Vigo

Secretaría

Enrique Roca Bordello

Catedrático

Santiago de Compostela

Vogalía primeira

José Manuel Canosa Saa

Titular

Vigo

Vogalía segunda

José Manuel Cruz Freire

Titular

Vigo

Vogalía terceira

María Ángeles Domínguez Santiago

Titular

Vigo

Praza nº 3: CD1601-T08-385-CD-01.

Área: Física Aplicada.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Legido Soto

Catedrático

Vigo

Secretaría

Josefa García Sánchez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Manuel Martínez Piñeiro

Titular

Vigo

Vogalía segunda

Josefa Fernández Pérez

Catedrática

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

María Encina Calvo Iglesias

Titular

Santiago de Compostela

Comisión suplente

Presidencia

Luis Fernando Romaní Martínez

Catedrático

Vigo

Secretaría

Marta María Mato Corzón

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Javier Vijande López

Titular

Vigo

Vogalía segunda

Enriqueta López Iglesias

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Josefa Salgado Carballo

Titular

Santiago de Compostela

Praza nº 4: CD1601-T08-385-CD-02.

Área: Física Aplicada.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Luis Legido Soto

Catedrático

Vigo

Secretaría

Javier Vijande López

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Diego González Salgado

Titular

Vigo

Vogalía segunda

Marta María Mato Corzón

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Manuel Martínez Piñeiro

Titular

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

Luis Fernando Romaní Martínez

Catedrático

Vigo

Secretaría

Claudio Cerdeiriña Álvarez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Sandra María García-Garabal Mosquera

Titular

A Coruña

Vogalía segunda

Josefa García Sánchez

Titular

Vigo

Vogalía terceira

María José Pérez Comuñas

Titular

Santiago de Compostela

Praza nº 5: CD1601-T08-398-CD-01.

Área: Física da Terra.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Ramón Gómez Gesteira

Catedrático

Vigo

Secretaría

Luis Gimeno Presa

Catedrático

Vigo

Vogalía primeira

Ramiro Varela Benvenuto

Titular

Vigo

Vogalía segunda

Natalia Calvo Fernández

Titular

Complutense de Madrid

Vogalía terceira

Raquel Olalla Nieto Muñiz

Titular

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

José Agustín García García

Catedrático

Extremadura

Secretaría

Antonio Ferriz Mas

Titular

Vigo

Vogalía primeira

María de las Nieves Lorenzo González

Titular

Vigo

Vogalía segunda

María Teresa de Castro Rodríguez

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Laura de la Torre Ramos

Titular

Vigo

Praza nº 6: CD1601-X02-130-CD-01.

Área: Dereito Civil.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Ángel Luis Rebolledo Varela

Catedrático

Santiago de Compostela

Secretaría

Elena Martínez Hens

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Antonia Nieto Alonso

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

Susana Álvarez González

Contratada doutora

Vigo

Vogalía terceira

Margarita Fuenteseca Degeneffe

Catedrática

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

José Javier Avilés García

Catedrático

Oviedo

Secretaría

Ana Garriga Domínguez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Rafael Colina Garrea

Titular

A Coruña

Vogalía segunda

Ana Díaz Martínez

Titular

Santiago de Compostela

Vogalía terceira

Marcos Antonio López Suárez

Contratado doutor

A Coruña

Praza nº 7: CD1601-X05-245-CD-01.

Área: Educación Física e Deportiva.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Onofre Ricardo Contreras Jordán

Catedrático

Castilla-La Mancha

Secretaría

María Luisa Zagalaz Sánchez

Catedrática

Jaén

Vogalía primeira

María del Mar Cepero González

Titular

Granada

Vogalía segunda

Pedro Gil Madrona

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía terceira

Silvia Arribas Galarraga

Titular

País Vasco

Comisión suplente

Presidencia

José Antonio Cecchini Estrada

Catedrático

Oviedo

Secretaría

Carmen González González de Mesa

Titular

Oviedo

Vogalía primeira

Arturo Díaz Suárez

Catedrático

Murcia

Vogalía segunda

Santiago Romero Granados

Catedrático

Sevilla

Vogalía terceira

José Palacios Aguilar

Titular

A Coruña

Praza nº 8: CD1601-X05-245-CD-02.

Área: Educación Física e Deportiva.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

José Gerardo Villa Vicente

Catedrático

León

Secretaría

José María Cancela Carral

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Leonor Gallardo Guerrero

Titular

Castilla-La Mancha

Vogalía segunda

Juan José Fernández Romero

Titular

A Coruña

Vogalía terceira

Nuria Mendoza Laiz

Titular

Castilla-La Mancha

Comisión suplente

Presidencia

Sergio Ibáñez Godoy

Catedrático

Extremadura

Secretaría

Ana Isabel Rey Cao

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Marta Zubiaur González

Titular

León

Vogalía segunda

Alfonso Gutiérrez Santiago

Titular

Vigo

Vogalía terceira

Vicente Año Sanz

Titular

Valencia

Praza nº 9: CD1601-X11-070-CD-01.

Área: Ciencia Política e da Administración.

Cargo

Nome

Corpo

Universidade

Comisión titular

Presidencia

Carles Ramió Mata

Catedrático

Pompeu Fabra

Secretaría

Álvaro Xosé López Mira

Titular

Vigo

Vogalía primeira

María Dolores Lois Barrio

Contratada doutora

Complutense de Madrid

Vogalía segunda

José María Mahou Lago

Contratado doutor

Vigo

Vogalía terceira

Mónica López Viso

Contratada doutora

Vigo

Comisión suplente

Presidencia

María Esther del Campo García

Catedrática

Complutense de Madrid

Secretaría

Purificación Mayobre Rodríguez

Titular

Vigo

Vogalía primeira

Isabel Diz Otero

Contratada doutora

Santiago de Compostela

Vogalía segunda

David Casado Neira

Contratado doutor

Vigo

Vogalía terceira

Enrique José Varela Álvarez

Contratado doutor

Vigo

ANEXO IV
Currículum vítae

Datos persoais:

– Apelidos e nome.

– NIF.

– Data, localidade e provincia de nacemento.

– Enderezo, localidade e provincia de residencia.

– Teléfono e enderezo electrónico.

– Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación, se a houber.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum.

missing image file