Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55319

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1267/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1267/2016 desta sección, seguido por instancia de David Oliveros Fernández contra Fogasa, Telepizza, S.A.U., Pulgar Pizza, S.L., Admón. concursal Pulgar Pizza, S.L. (José Manuel Cortegoso Iglesias), sobre reclamación de cantidade, se ditou, con data do 23.11.2016, a seguinte resolución:

«Únese o anterior escrito, presentado con data 18.11.2016, subscrito pola letrada Mariña Vázquez Rodríguez, en nome e representación de David Oliveros Fernández, ao recurso correspondente xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Conforme o solicitado pola parte recorrente, expídase e únase ao presente recurso testemuño da sentenza alegada de contraste, ditada por este Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 29.9.2015 no RSU 2025/2015, e fágase constar a súa firmeza xa que a Sala do Social do Tribunal Supremo, con data 5.10.2016, ditou auto de inadmisión do recurso de casación para unificación de doutrina presentado no seu día.

Emprácese a Pulgar Pizza, S.L. a través de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Pulgar Pizza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza