Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55168

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (363/2015-T).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que en xuízo verbal 363/2015-T, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 13 de xuño de 2016.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal 363/2015-T seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Enrique Alonso Bastos, con DNI 36026540F, representado polo procurador Francisco Javier Toucedo Rey e asistido da letrada Ana Belén Cabaleiro Domínguez, e doutra como demandadas Arcolimp, S.L., con CIF B36761443, declarada en situación procesual de rebeldía, e Construcciones Carlos Fernández, S.L., con CIF B36634020, representada pola procuradora Patricia Cabaleiro Barciela e asistida do letrado Javier Lois Bastida, ditouse a seguinte sentenza e resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por Enrique Alonso Bastos fronte a Construcciones Carlos Fernández, S.L. e Arcolimp, S.L. debo condenar e condeno estes en forma solidaria a reparar os vicios e defectos reflectidos no informe pericial achegado coa demanda, elaborado polo Sr. Medina Montes.

Imponse o pagamento das custas ás demandadas en forma solidaria.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expídese o presente co fin de que sirva de notificación á entidade Arcolimp, S.L. Construcciones-Servicios Múltiples, actualmente en ignorado paradoiro.

Vigo, 27 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza