Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55167

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2673/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2673/2014 desta sección, seguido por instancia de Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), administración concursal de Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L. e Sonia María Varela Cordero, sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo, con data do 20 de setembro de 2016, ditou a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra a Sentenza ditada o 9 de outubro de 2014 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación 2673/2014, casamos e anulamos en parte a sentenza impugnada no sentido de estimar o recurso de suplicación de Centro Clínico Ribadeo e absolvela dos pedimentos que contra ela se dirixían, mantendo o resto dos pronunciamentos da sentenza impugnada, que non foron cuestionados nin pola parte demandante nin polas empresas codemandadas. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza