Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55165

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2518/2016 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2518/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 703/2015 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Francisco Donsión Carrión

Avogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social, María Consolación Fernández Dobarro

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, José Mario García González, Construcciones Silva y González, S.L.

Avogado/a: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez, María Araceli Martínez Araújo, Manuel Comendador Rey

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2518/2016 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Francisco Donsión Carrión, José Mario García González e Construcciones Silva y González, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada sentenza con data do 18 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que, desestimando os recursos de suplicación interpostos polo Instituto Nacional da Seguridade Social e Francisco Donsión Carrión, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo, en xuízo instado pola Mutua Gallega contra as recorrentes e, ademais, contra a empresa José Mario García González, Construciones Silva y González, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Mutua Fremap, a sala confírmaa na súa totalidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Silva y González, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza