Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55141

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de outubro de 2016 relativa ás axudas da Orde do 17 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 17 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A Resolución do 17 de xuño de 2016 (DOG núm. 122, do 29 de xuño) adxudica as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo. Esta resolución foi modificada parcialmente pola Resolución do 24 de outubro de 2016 (DOG núm. 210, do 4 de novembro).

No artigo 15 da orde de convocatoria indícase que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na correspondente listaxe de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2016. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas financiadas co FSE deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 16.3.b) da orde de convocatoria.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola Universidade de Santiago de Compostela ás axudas de apoio á etapa predoutoral da modalidade A correspondente ao investigador seleccionado que se indica a continuación:

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/172

USC

Pérez

López

Daniel

*****495P

3

Ciencias da Saúde

8,0569

Segundo. Adxudicar a axuda á entidade e persoa candidata da lista de agarda da modalidade A que se indica a continuación:

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/103

USC

Rey

Varela

Diego

*****211D

2

Ciencias

7,9382

O contrato deberá formalizarse entre o 1 e o 31 de decembro de 2016 e a súa duración será polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento da modalidade A destas axudas para as universidades do SUG segundo a renuncia e a nova adxudicación.

Modalidade A (universidades do SUG)

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

7

47.386,32

164.500,00

164.500,00

111.973,73

488.360,05

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

27

204.213,95

632.541,67

634.500,00

448.050,53

1.919.306,15

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVIGO

16

96.768,52

376.000,00

376.000,00

268.565,28

1.117.333,80

Total FSE

 

50

348.368,79

1.173.041,67

1.175.000,00

828.589,54

3.525.000,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

7

6.000,00

16.000,00

7.000,00

0,00

29.000,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

27

30.000,00

106.500,00

27.000,00

0,00

163.500,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

16

14.000,00

49.000,00

16.000,00

0,00

79.000,00

Total FP

 

50

50.000,00

171.500,00

50.000,00

0,00

271.500,00

Total (FSE + FP) 

398.368,79

1.344.541,67

1.225.000,00

828.589,54

3.796.500,00

Quinto. Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.2. «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.2.1. «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Dado que a modalidade A destas axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, infórmase a persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo FSE, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a última xustificación, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda, á Secretaría Xeral de Universidades no caso das universidades do SUG ou á Gain no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 11 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobro parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia de Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Román Rodríguez González

Francisco Conde López

Conselleiro de Cultura, Educación

Presidente da Axencia Galega

e Ordenación Universitaria

de Innovación