Intentada a notificación do acordo ditado pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.
Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, nº 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.
Lugo, 7 de setembro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR349A 2012/69-2.
Nome: Judit Fernández Rodríguez.
DNI/NIF: 33538077Y.
Último enderezo coñecido: Sect. Músicos, nº 26, 6º dta., Tres Cantos, 28760 Madrid.
Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (programa CONII).
Orde reguladora: Orde do 6 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e procédese á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.
Precepto infrinxido: base sétima, número 1, do anexo I, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 28 de xullo de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.