Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente MON-CO-0031/2016-DIS e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 1 de decembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0031/2016-DIS.

Denunciado: Jesús Regueira Canedo.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-CO-0054/2016-DIS.

Denunciada: Mercedes Isabel Rama de la Fuente.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-CO-0084/2016-DIA.

Denunciada: María Concepción Barro Permuy.

Acto de notificación: resolución.