En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Sistemas Inteligentes no Tripulados (Agasint), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: empresas tanto individuais como sociedades mercantís cuxo ámbito de actividade se encontre relacionado coa actividade de sistemas intelixentes non tripulados.
Asinan a acta de constitución: Pedro Arias Sánchez, en representación da empresa Ingeniería Insitu, S.L., Marco Rubinos Román, en representación da empresa 3edata Ingeniería Ambiental, S.L. e Santiago Manuel Mesías Míguez, en representación da empresa Ingeniería y Desarrollos del Norte, S.L.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego