Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 21 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vilagarcía de Arousa, 21 de novembro de 2016

O xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
P.D. (Orde 28.9.2011)
Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

García Carro, Benito

035410394P

Fra. 201630588

14.6.2016

399,94

Marte Valerio, Miguel

035643684D

Fra. 201630593

14.6.2016

522,99

Estrada Mora, John Lender

35628219T

Fra. 201630663

29.6.2016

361,59

Vázquez García, José

035388591D

Fra. 201631126

30.9.2016

361,59