Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 22 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintas causas para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, no teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 2016

O xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
P.D. (Orde 28.9.2011)
Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés

ANEXO

Nome do/da doente

DNI/NIF

Catarino Rodrigues, Fdo. Antero

010210180C

Falcón Abalo, Lidia

035484065X

Da Silva Coelho, Antonio Alberto

X08565160Y

De Jesús de Jesús, Ángela

X04946261L

Figueroa Barral, José

035282147D

Seoane Pérez, Jesús

035483044R

Baños Insua, María Dolores

035465664D

Preda --- Marian

X09104906B