Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de expediente de expropiación forzosa.

Con data do 5 de decembro de 2016 o concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente desta corporación ditou resolución pola que se acorda iniciar o expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a adquisición de solo que permita a execución da rúa do Balado, Cambre, no seu acceso á estrada de Cambre ao Temple, e aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta para tal fin redactado polo arquitecto Carlos Rodríguez Álvarez.

En cumprimento do disposto na lexislación vixente, sométese a información pública o dito proxecto de expropiación durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinalo nas oficinas da Área de Urbanismo, das 10.00 ás 13.00 horas os días laborables e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade cos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e infórmase de que contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do dereito a formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambre, 9 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente