Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do Hospital da Costa (Burela), ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 0081 5363 20 0001082918 do Banco de Sabadell, S.A., nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producira o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e quedará supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Burela, 15 de novembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo,
Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Negura Elena

Fra. 201531642

3.12.2015

1.000,65

Díaz Martínez Rocío

048845227N

Fra. 201630293

10.3.2016

1.502,37

Díaz Martínez Rocío

048845227N

Fra. 201630586

29.6.2016

233,46