Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de novembro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 41/79 e doce máis).

Na sesión realizada polo Xurado o día 18 de novembro de 2016 figuran os seguintes acordos:

Monte Rodela e Touzón (expediente 41/79), pertencente aos veciños da parroquia de Viladonga, do concello de Castro de Rei, clasificado polo Xurado con data do 1 de decembro de 1980, e monte Rodela e Touzón e Gándara de Castro (expediente 43/79), pertencente aos veciños da parroquia de Ansemar, no termo municipal de Castro de Rei, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 1 de decembro de 1980. Con data do 22 de maio de 2016 ten rexistro de entrada un escrito de José Manuel Osorio Lenza, como presidente da comunidade de Viladonga, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio do 22 de decembro de 2014, ante o Xulgado de Paz de Castro de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Unha vez dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 16 de xuño de 2016 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 64). O monte Rodela e Touzón queda cunha superficie de 245,23 hectáreas e o monte Rodela e Touzón e Gándara de Castro cunha superficie de 333,1 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza efectuado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Caxigal, Gándara, Cotón e Seara (expediente 27/78), pertencente aos veciños da parroquia de Páramo, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979; monte Serra de Mirandela, Paleira, Arriba de Salvaráns e Caxigueira (expediente 89/79), pertencente aos veciños da parroquia de Mirandela, no termo municipal de Castroverde, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial do 20 de decembro de 1982; monte Caxigal (expediente 19/78), pertencente aos veciños da parroquia de Agustín, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 19 de outubro de 1979 e monte Serra da Lagua e Cabanelas (expediente 24/78), pertencente aos veciños da parroquia de Furís, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 30 de outubro de 1978. Con data do 23 de setembro de 2016 ten rexistro de entrada un escrito de Miguel Roberto Rodríguez Fernández, como presidente da comunidade de Páramo, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre as comunidades de Páramo, Mirandela e Agustín, en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado do 15 de setembro de 2016, ante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Coa mesma data ten rexistro de entrada outro escrito de Miguel Roberto Rodríguez Fernández, como presidente da comunidade de Páramo, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre as comunidades de Páramo, Mirandela e Furís, en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio realizado tamén o 15 de setembro de 2016, ante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado dos devanditos deslindamentos ao Servizo de Montes, o 19 de outubro de 2016 emite un informe no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia das dúas avinzas (nº 17/16 e 18/16). O monte Serra de Mirandela, Paleira, Arriba de Salvaráns e Caxigueira queda cunha superficie de 60,79 hectáreas, o monte Caxigal, Gándara, Cotón e Seara queda cunha superficie de 155,04 hectáreas; o monte Caxigal queda cunha superficie de 39,08 hectáreas e o monte Serra da Lagua e Cabanelas cunha superficie de 546,49 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar os deslindamentos por avinza efectuados, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Vilabade (expediente 32/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilabade, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 5 de febreiro de 1979, e monte Atrevida (expediente 22/78), pertencente aos veciños de Frontoi e Rodinso, parroquia de Bolaño, no termo municipal de Castroverde, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial do 30 de outubro de 1978. Con data do 18 de setembro de 2015 ten rexistro de entrada un escrito de José Luis Pérez Puente e Xesús Miguel Lamela Escobar, como presidentes das comunidades implicadas, emendado con data do 4 de novembro de 2015, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio do 15 de maio de 2015, ante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10 de xuño de 2016 emite un informe (nº 74) no cal se conclúe que este deslindamento non permite pechar a poligonal do monte de Vilabade en relación co monte Atrevida, xa que faltarían puntos para poder pechar a dita poligonal. Xuntan cartografía provisional resultante. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza efectuado, coa matización recollida no informe do Servizo de Montes sobre a imposibilidade de pechar a poligonal entre os dous montes.

Monte de Sambreixo (expediente 34/75), pertencente aos veciños da parroquia de Sambreixo de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 25 de agosto de 1975, monte de Pedrafita (expediente 36/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pedrafita, no termo municipal de Guitiriz, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial do 25 de agosto de 1975, e monte de Santa Leocadia (expediente 32/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Leocadia de Parga, no termo municipal de Guitiriz, e clasificado como veciñal en man común por Resolución do Xurado Provincial do 25 de agosto de 1975. Con data do 21 de xullo de 2016 ten rexistro de entrada un escrito de Manuel Ferreiro Paderne, como presidente da comunidade de Sambreixo, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio do 20 de xullo de 2016, ante o Xulgado de Paz de Guitiriz; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de outubro de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 92). O monte de Sambreixo queda cunha superficie de 475,32 hectáreas, o monte de Pedrafita cunha superficie de 349,93 hectáreas e o monte de Santa Leocadia cunha superficie de 400,84 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza efectuado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Sambreixo (expediente 34/75), pertencente aos veciños da parroquia de Sambreixo de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 25 de agosto de 1975, e monte Serra Gorda, Salgueirón, Roza da Graña e Froxende (expediente 3/77), pertencente aos veciños da parroquia de Bóveda, do concello de Begonte, clasificado polo Xurado con data do 28 de novembro de 1977. Con data do 21 de xullo de 2016 ten rexistro de entrada un escrito de Manuel Ferreiro Paderne, como presidente da comunidade de Sambreixo, en que achega un acordo de deslindamento de avinza efectuado entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio do 16 de marzo de 2009, ante o Xulgado de Paz de Begonte; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de outubro de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 5/16). O monte de Sambreixo queda cunha superficie de 382,9 hectáreas e os montes Serra Gorda, Salgueirón, Roza da Graña e Froxende cunha superficie de 237,27 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza efectuado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de novembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo