Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12360004/2009 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinalan no anexo, os acordos de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12360004/2009 e 12360020/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos, ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 12360004/2009.

Interesada: CMVMC de Castro do Cabo.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Castro do Cabo, 7, 36116 Cerdedo (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 12360020/2009.

Interesada: CMVMC de Xunqueiras.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Xunqueiras, 1, 36844 Pazos de Borbén (Pontevedra).