Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 14 de outubro de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Rouco Ríos III, sita no polígono Cangas D, cuadrícula número 46.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Rouco Ríos III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 29 de setembro de 2016, José Luis Rodríguez Malvido (76811902-K), en nome e representación de José Rodríguez Martínez (35883986-F), solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Rouco Ríos III.

Segundo Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fíxa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas.

Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de José Rodríguez Martínez (35883986-F) e José Orlando Rodríguez Malvido (36039937-H), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rouco Ríos III.

Localización:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: Orde ministerial do 2.3.1964.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Rodríguez Martínez (35883986-F) e Lilia Malvido Juncal (falecida).

Novos titulares: José Rodríguez Martínez (35883986-F) e José Orlando Rodríguez Malvido (36039937-H).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

De conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminstracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Vigo, 14 de outubro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo