Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/372-1).

Expediente: IN407A 2016/372-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Rúa do Tambre.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O 8 de abril de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 260 m e condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, con orixe na LMTA SCY-824 e final no CT proxectado Rúa do Tambre.

– CTC Rúa do Tambre, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V con illamento e corte en SF6.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 4 de maio de 2016.

– DOG: 2 de xuño de 2016.

– BOP: 20 de maio de 2016.

– Xornal La Voz de Galicia: 24 de xuño de 2016.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 27 de xuño de 2016.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, foron presentadas as seguintes alegacións.

• Miguel Javier Becerril Pérez-Romero (Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días), mediante escritos do 14.6.2016 e do 1.8.2016, expresa a súa oposición ao expediente expropiatorio alegando, en síntese, o seguinte:

– Existe unha discrepancia na identificación da afección proposta entre a notificación recibida e a publicada no DOG e BOP. Solicita que se aclare esta cuestión e salienta a importancia que ten a correcta identificación dos bens afectados para a tramitación do expediente expropiatorio.

– Tendo en conta o disposto na Lei 24/2013 e no Real decreto 1955/2000 respecto das limitacións á servidume e da preferencia da instalación por terreos de titularidade pública no canto dos privados, entende que a liña proxectada podería transcorrer pola beirarrúa que linda coa propiedade e, no caso do transformador, ir soterrado na dita beirarrúa, sen ter que afectar o interior da propiedade.

• Baltasar Otero Rodríguez, mediante escrito do 4.6.2016, solicita que non se declare a utilidade pública e que se soterre na súa totalidade a liña proxectada, alegando, en síntese, o seguinte:

– A liña proxectada estaría na súa maior parte en solo urbano e urbanizable.

– O PXOM de Santiago de Compostela prescribe, con carácter xeral, o soterramento das redes eléctricas.

Que a afección que resultaría do dito sería menor do previsto por UFD.

Destas alegacións deuse traslado a promotora, que contestou:

• Escrito do 21.6.2016, no cal se valoran as alegacións presentadas por Baltasar Otero Rodríguez, no cal, en síntese, manifesta o seguinte:

– A liña proxectada é enteiramente soterrada, e o tramo aéreo a que presuntamente se refire o alegante non é obxecto do expediente.

– No que concirne á utilidade pública, esta queda prescrita polo artigo 54 da Lei 24/2013, do sector eléctrico.

• Escrito do 8.7.2016, no cal se valoran as alegacións presentadas por Javier Becerril Pérez-Romero (Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días), no cal, en síntese, manifesta o seguinte:

– Na relación de bens e dereitos afectados remitida por UFD figura que a afección á parcela en cuestión é a referenciada como número 2 e comprende 30 m2 en pleno dominio.

– A instalación que se proxecta establece unha LMTS e un CT. No caso deste predio, só queda afectada polo centro de transformación.

– UFD rexeita a modificación do trazado solicitado, alegando, en síntese, o seguinte:

– O deseño proxectado é o máis axeitado para o fin perseguido.

– No caso da parcela que nos ocupa non existen as limitacións á servidume de paso establecidas no artigo 58 da Lei 24/2013 ou no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

– No linde da parcela non existen beirarrúas.

– Alén do anterior, o alegante non achega ningunha documentación que demostre os requisitos necesarios para un cambio de trazado prescritos na normativa citada.

O prexuízo causado pola afección será valorado polo Xurado de Expropiación de Galicia.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización das instalacións non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións do promotor, cómpre sinalar que:

– Non procede atender a solicitude realizada por Javier Becerril Pérez-Romero (Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días) polo seguinte:

Logo de requirimento (enviado o 11.10.2016), o alegante non achegou documentación de proposta dun trazado alternativo.

– Non procede atender a solicitude realizada por Baltasar Otero Rodríguez polo seguinte:

A liña proxectada é enteiramente soterrada e o tramo aéreo a que presuntamente se refire o alegante non é obxecto do expediente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construcción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 15 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña