Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA BOI808-CT Barraca 15AAQ7, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2015/209-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de decembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/209-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMTA BOI808-CT Barraca 15AAQ7.
Concello: Rianxo.
Predio |
Lugar |
Titular proposto |
Incidencia |
2 |
Salto Lobo |
Manuel Carneiro Freire |
Enderezo ignorado |