Con data do 3 de outubro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2016250AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Sanidade contra Carlene Evangelista de Melo, con NIE X5890386V, como titular do establecemento Fuego Latino.
Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Carlene Evangelista de Melo o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 14 de novembro de 2016
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2016250AL-PO.
Denunciada: Carlene Evangelista de Melo, con NIE X5890386V, como titular do establecemento Fuego Latino.
Último enderezo coñecido: Bergazos, 38, 36500 Lalín.
Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: multa de cento cincuenta euros (150,00 €).