Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ás persoas interesadas nos procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 15/1304/86 e dous máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de resolucións ditadas pola xefa territorial no último enderezo dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícase ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido do dito requirimento, advertíndolles que de non facerse así, teranse por notificadas cos efectos que se indican no anexo.

Infórmaselles que contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, perante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data de recepción da notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

A Coruña, 24 de novembro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Resolución

Concello

León Camacho, Adolfo

1377611P

15/1304/86

Extinción

A Coruña

León Camaco, María Luz

13776113X

15/1307/86

Extinción

A Coruña

Borja Borja, Miguel

47371365J

15/1348/85

Extinción

Oleiros

López Fernández, Julio

32366959W

15/0302/86

Extinción

A Coruña