Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00042-I-2016 e sete máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador DX-00042-I-2016 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Tranporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00042-I-2016

Obstrucción

Esmuli, S.L.

B36557049

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

16.2.2016; 10.54.00

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00275-O-2016

5762-GGB

Transtanoa, S.L.

B94028263

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.9.2015; 12.36.00; N640; 232,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00634-O-2016

7119-FNZ

Catersa Santiago, S.L.

B70071261

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.10.2015; 17.25.00; N550; 126,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01056-O-2016

C-0063-AV

Enrique García Chan

35322895R

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non consten en poder seu.

26.10.2015; 18.00.00; PO531; 15,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01107-O-2016

7735-CTL

Tratamientos Ecológicos de Galicia, S.A.

A36492163

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

16.11.2015; 17.30.00; PO316; 1,8

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01323-S-2016

OR-2094-O

José Antonio Míguez Villar

36049585Y

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

15.10.2015; 16.15.00 parking de acceso prisión A Lama

Art.60 a) Lei 4/2013

Art.63 Lei 4/2013

2.001 euros

XC-03346-I-2015

4006-DWG

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

21.12.2015

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-04563-O-2015

0848-CPT

Arias Logística y Transportes, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con M.M.A. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

10.11.2015; 16.05.00; A6; 547,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros