Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00828-O-2016 e dez máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00828-O-2016 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00828-O-2016

C-2523-AH

Maderas Iber Suárez, S.L.

B27411016

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese validez.

19.4.2016; 15.15; LU540; 24,8

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

OU-00280-S-2016

8104-CMM

Delmiro Oliveira González

34932691S

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

7.12.2015; 9.56; Vilarchao (Coles)

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-00541-O-2016

6117-GHP

Elismarc 2015, S.L.U.

B25795337

Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

12.4.2016; 19.25; A52; 181,5

Art. 141.25 en relación co 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-01743-O-2015

6700-DBK

Manuel Ángel Santos Muíños

32647637B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.9.2015; 19.15; OU-402; 2,500

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01199-O-2016

4605-HHV

Nicolás Vicente Pardo

53165097E

A utilización de títulos habilitantes en condicións distintas ás establecidas con carácter xeral ou sinaladas especificamente no propio título, salvo que o incumprimento das ditas condicións xa estivese tipificado de forma expresa na LOTT.

6.11.2015; 19.33; PO313; 13,1

Art. 141.6 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01362-O-2016

2178-DPK

Tomiñesa de Excav. y Ttes.

B94084415

O exceso igual ou superior ao 10 por cento e inferior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 10 %.

9.12.2015; 10.45; AP-9; 0,4

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01579-S-2016

1650-DBP

Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L.U.

B94088481

A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

10.12.2015; 9.55; estrada vella de Madrid co Meixoeiro

Art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-01592-S-2016

2845-DHX

Gerardo González Lorenzo

35982053W

A falta de consignación da data de comezo ou final de utilización dunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

1.12.2015; 10.20; r/ Areal, 72

Art. 141.12 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-01923-O-2016

0172-DLV

Remunofer, S.L.

B70423116

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese validez.

1.2.2016; 11.43; N640; 228,1

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-01292-O-2016

8449-GDC

Transportes Castiñeira, S.A.

A15010192

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.3.2016; 13.52; AP9F; 25,5

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-03761-O-2015

4225-DHZ

Manuel Fernández Fernández

32226821A

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

27.7.2015; 17.23; AC550; 78,5

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros