Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1257/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 1257/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alfonso Pardiñas Antelo contra a empresa Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua Colaboradora coa S.S. número 201, Servizo Público de Emprego Estatal, Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L./Excavaciones y Transportes Mariño, S.L. UTE, Instituto Nacional da Seguridade Social Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dirección Provincial da Coruña, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de novembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1257/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante Alfonso Pardiñas Antelo asistido polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandados INSS e TGSS, representado polo letrado Fuencisla Suárez Berea, Servizo Público de Emprego Estatal, representado polo letrado Pablo Torrado Oubiña e Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L., non comparece sobre incapacidade temporal-cambio de contngencia, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Alfonso Pardiñas Antelo contra o INSS, TGSS, Servizo Público de Emprego Estatal, Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Movimientos Canalizaciones y Obras, S.L./Excavaciones y Transportes Mariño, S.L. UTE, absolvendo estas entidades.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Movimiento Canalizaciones y Obras, S.L./Excavaciones y Transportes Mariño, S.L. UTE, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza