Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54247

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (523/2015).

Xuízo verbal (XVB) 523/2015

Sobre: outros verbal

Demandante: Jaime Félix López Arias

Demandados: Manuel Castro López, Manuel Castro Castro, Antonio Castro López, Ana Castro Castro, Carmen Castro Castro, Pedro Castro López

Eu, Rosa María Fernández Paredes, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, por medio do presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Jaime Félix López Arias fronte a Manuel Castro López, Manuel Castro Castro, Antonio Castro López, Ana Castro Castro, Carmen Castro Castro, Pedro Castro López, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Sarria, 15 de febreiro de 2016

Eu, Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo verbal 523/2015, iniciado tras a interposición de demanda polo letrado Jaime Félix López Arias, actuando en nome e representación propias, contra Pedro, Antonio e Manuel Castro López, Manuel Castro Castro, Ana Castro Castro e Carmen Castro Castro, en situación procesual de rebeldía, procedín a ditar a seguinte sentenza.

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jaime Félix López Arias contra Pedro, Antonio e Manuel Castro López, Manuel Castro Castro, Ana Castro Castro e Carmen Castro Castro, todos eles en situación procesual de rebeldía.

En consecuencia, que debo condenar e condeno a Pedro Castro López, Antonio Castro López e Manuel Castro López a aboarlle, solidariamente, ao demandante a cantidade de 310,08 euros.

Que debo condenar e condeno a Manuel Castro Castro, Ana Castro Castro e Carmen Castro Castro a aboarlle ao demandante, cada un deles, a cantidade de 51,68 euros.

As custas impóñense aos demandados.

Notifíquese esta sentenza facendo saber que é firme.

Así o acorda Ricardo Pailos Núñez, xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria».

E encontrándose os ditos demandados, Manuel Castro López, Manuel Castro Castro, Antonio Castro López, Ana Castro Castro, Carmen Castro Castro, Pedro Castro López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Sarria, 17 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial