Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54245

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1945/2014).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse sentenza, con data do 24 de setembro de 2015, cuxo encabezamento e resolución, literalmente copiados, din:

«Sentenza 1212/2015

Maxistrada xuíza, Laura Guede Gallego

Ourense, 24 de setembro de 2015

Vistos os presentes autos número 1945/2014 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. González Nespereira, en nome e representación de María del Carmen Cid González, como demandante, asistida pola letrada Sra. González, fronte a Mansoor Ali Cashi, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por María del Carmen Cid González e Mansoor Ali Cashi con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Atribúeselle o uso e desfrute do domicilio familiar á demandante.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, para o cal deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E, unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina SSª. Dou fe».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Mansoor Ali Cashi, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 17 de xuño de 2016

O/a secretario/a xudicial