Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54242

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2003-16 BPB).

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 206/2012 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Juan Gabriel Chaves

Graduado Social: José Nogueira Delgado

Recorrido: Servizo Público de Emprego Estatal

Avogado/a: do Estado

Recorrido: Francisco José Varela Noya (BOP)

Recorrido: Fogasa

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2003/2016 desta sección, seguido por instancia de Juan Gabriel Chaves contra Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), Francisco José Varela Noya, Entidade Sakiko, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre desemprego, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación técnica do demandante Juan Gabriel Chaves, contra a sentenza do 22 de xaneiro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, nos autos núm. 206/2012, seguidos por instancia de devandito recorrente contra o Servizo Público de Emprego Estatal, confirmámola integramente en todos os seus aspectos.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco José Varela Noya (NIE Y 2081379 P), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza