Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54240

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2004/2016).

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2004/2016 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra [...] sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia da demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á entidade xestora recorrente e aos tamén demandados Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Miguel Ángel Pérez Romero e contra Celso Pérez Bernárdez, debemos confirmar e confirmamos esta sentenza.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e o orixinal incorporarase ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Pérez Romero, con último domicilio coñecido no lugar de Maceira, Parderrubias, 14, CS 36472, Salceda de Caselas, Pontevedra, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza