Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 128/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 128/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Álvarez Dobaño contra Acega Formación Continua, S.L. e o Fogasa, ditouse decreto do día da data, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Acordo:

a) Declarar a executada Acega Formación Continua, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 2.549,75 euros en concepto de principal (1.806,01 euros de cantidades debidas + 543,74 euros de xuros do artigo 29.3 + 200 euros de honorarios do letrado) máis 254,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, inscribilo no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza