Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 155/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 155/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Surribas Fernández contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Estimando a demanda interposta por José Manuel Surribas Fernández fronte á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.685,42 euros máis o 10 % en concepto de xuros por mora.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza