Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 110/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 110/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Ocampo Piñeiro contra a empresa Ángel Martínez Pérez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Ángel Martínez Pérez en situación de insolvencia por importe de 31.628,70 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Martínez Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza