Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53668

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1739/2016-M).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1739/2016 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Alberto Basteiro Carro, Alejandro Basteiro Carro, Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., Admón. concursal de Bastega Construcciones (Javier Gosende Redondo), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado do Estado habilitado, na representación que exerce do Fondo de Garantía Salarial, en canto á súa petición principal, e estimando o citado recurso, en canto á súa petición subsidiaria, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, con data do 27 de novembro de 2015, en autos seguidos por instancia de Alberto e Alejandro Basteiro Carro fronte á empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L.U., hoxe en situación de concurso voluntario de acredores, ao seu administrador concursal, Javier Gosende Redondo, e á entidade recorrente, sobre reclamación de cantidade, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, mantendo a condena realizada na sentenza impugnada á empresa demandada, coas correspondentes consecuencias legais para a súa Administración concursal, e limitando as consecuencias que para o Fondo de Garantía Salarial poidan resultar no pagamento das indemnizacións, derivadas da súa responsabilidade subsidiaria e como consecuencia da tramitación do correspondente expediente administrativo, ás indemnizacións que correspondan a un período de prestación de servizos comprendido entre o 10 de maio de 2010 e o 13 de febreiro de 2012.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza