Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53666

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1455/2016-PM).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1455/2016 desta sección, seguido por instancia de José Martínez González contra a empresa Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A., Winterthur Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por José Martínez González contra a sentenza ditada o 30 de outubro de 2015 polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 762/2014, sobre indemnización de convenio, contra Graniblock, S.A., Granitos do Couta, S.A., Granitos del Val, S.L., Manuel Martínez González, Axa Winterthur Seguros Generales, Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Granitos Fernández y Rodríguez, S.L. e José Rodríguez Represas, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza