Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53665

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, convocada pola Resolución do 21 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro) pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos coas puntuacións provisionais de méritos dos aspirantes admitidos.

En sesión que tivo lugar o día 23 de novembro de 2016, o tribunal nomeado por Resolución do 13 de outubro de 2016 (DOG núm. 201, do 21 de outubro) para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, á vista das alegacións presentadas ás listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicadas na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios da mesma no 10 de novembro de 2016,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listaxes definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos coas puntuacións provisionais de méritos dos aspirantes admitidos. A dita listaxe publicarase na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboleiro de anuncios desta.

De acordo co disposto na base 6.2. da convocatoria, os/as aspirantes admitidos disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para facer as alegacións que consideren oportunas con respecto á valoración provisional de méritos.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal