Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53676

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (194/2016).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza con destino na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago constar que nesta sección se segue recurso de apelación 194/2016, dimanante de modificación de medidas 383/2014, do Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo (Familia), no cal figura como demandante Mariana A.A. e como demandado Daniel H.G. Con data 18 de xullo de 2016, esta sección ditou sentenza no recurso, estimando parcialmente o recurso de apelación interposto por Mariana A.A. e acordando que a efectividade do réxime de visitas establecido a favor do pai debe estar subordinada a determinados requisitos. O texto íntegro da sentenza figura nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe recurso de casación por interese casacional e/ou extraordinario por infracción procesual ante a Sala Primeira do T. Supremo, que se interpoñerá no prazo dos 20 días seguintes ao da notificación, na forma prevista nos artigos 469 e 477 da LAC.

Para que conste e a súa publicación en DOG, co fin de que sirva de notificación a Daniel Horacio Gómez, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 11 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza