Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2179/2016 BC).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2179/2016 desta sección, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Semar Aluminio, S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L., Mutua MC Mutual, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que con desestimación do recurso interposto por Juan Manuel Rodríguez Lamas, confirmamos a sentenza que con data 29 de setembro de 2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as mutuas Fremap e Mutual Midat Cyclops e as empresas Semar Aluminio, S.L. e Obras y Viales de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza