Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do itinerario peonil e da reforma de intersección na AC-840, en Curtis (punto quilométrico 20+190 ao 21+910), de clave AC/15/066.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados por este.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e do benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O ámbito de actuación do presente proxecto é a estrada AC-840, que se inicia en Betanzos (AC-542), ata o límite provincial en Agolada (N-640), e pertence á rede primaria básica de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións previstas no presente proxecto teñen por obxecto a creación dun itinerario peonil pola marxe dereita da estrada AC-840, entre os p.q. 20+190 e 21+910, a mellora das interseccións existentes coas vías locais e provinciais e a mellora das condicións do firme, incluíndo unha nova capa de rodadura.

A sección máis común ao longo do treito da senda é a formada pola propia senda peonil de ancho variable (mínimo 1,8 m), un separador vexetal de 0,5 m e a cuneta de seguridade de 1,5 m.

Con estas actuacións, ademais dos obxectivos anterioremente sinalados, preténdese tamén mellorar a seguridade viaria do treito considerado, mediante a ordenación e segregación dos tráficos peonís e rodados e a mellora e adaptación das condicións estruturais e de deseño da estrada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo da Delegación Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Curtis (praza de España, núm. 1, 15310 Teixeiro, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) está á disposición dos interesados o documento completo da separata do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Separata do proxecto de construción: itinerario peonil e reforma
de intersección na AC-840 en Curtis (p.q. 20+190 ao 21+910)
Clave AC/15/066.06

Predios con superficies obxecto de expropiación.

Núm. orde

Referencia

catastral

Titular

Superficie

(m2)

Ben afectado

Uso do solo

Polígono

parcela

1

15032A02700056

Lestón Suárez, José Manuel

7,77

Rural-matogueira

27-56

2

15032A02700055

Bermúdez Tizón, Manuel

23,43

Rural-matogueira

27-55

3

9058306NJ6795N

Saavedra Sánchez, Juan e irmáns

3,93

Urbanizado-residencial

4

9058309NH6785N

García Blanco, María del Carmen

7,33

Valado de postes e arame

Rural-prados

5

9058308NH6785N

García Blanco, María Concepción

11,15

Valado de postes e arame

Rural-prados

6

15032A02500217

Méndez Alonso, Ana e irmáns

230,33

Rural-prados

25-217

7

15032A02500249

Paz Freire, Domingo

6,06

Urbanizado-residencial

25-249

8

15032A0250048

Fandiño Vázquez, Carlos

33,04

Muro de bloque de formigón-cancela metálica

Urbanizado-sen edificar

25-248

9

15032A02500088

Vigo Espiñeira, Antonio

16,68

Rural-labor

25-88

10

9046207NH6784N

Prado Cabado, Josefina Matilde

7,08

Árbore

Urbanizado-sen edificar

11

9046208NH6784N

Cruces Parco, José Manuel

10,67

Valado de postes e arame

Urbanizado-sen edificar

Predios con superficies dentro da liña de dominio público da estrada que se van a ocupar.

Núm. orde

Referencia

catastral

Titular

Total

(ml)

Ben afectado

Polígono

parcela

A

15032A02700058

Rico Bravo, Ana María

30,00

Valado vexetal

27-58

B

001501000NH67F

Vázquez García, Emilio

15,70

Valado vexetal

C

001500200NH67F

Sánchez Casal, Emilio

17,90

Valado vexetal

D

002400500NH67F

Méndez Alonso, Ana

14,60

Valado de postes e arame

E

8956502NH6785N

Estrada Sánchez, Emilio

18,00

Muro de bloque de formigón

F

002400700NH67F

Sanjurjo Barreiro, Jesús

19,85

Valado vexetal

G

000400200NH67D

Ventureira Seoane, Manuel

12,25-2,50

Muro de bloque de formigón, muro de pedra

H

15032A02500355

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

2,30

Muro de bloque de formigón

25-355

I

9046203NH6784N

Vigo Fontecoba, José L.

11,55-6,90

Muro de pedra, valado de postes e arame

J

9046204NH6784N

Vigo Fontecoba, Manuel

1,85-11,10-11,70

Muro de bloque de formigón, valado vexetal, muro de bloque de formigón

K

9046209NH6794N

Cruces Prado, José Manuel

16,50

Valado de postes e arame

L

9046210NH6794N

Neira Tojo, M. Rosario

28,00

Valado de postes e arame