Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 17 de novembro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 439 do polígono 5, ZCP 3, do termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 17 de novembro de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 439 do polígono 5, ZCP 3, do termo municipal de Castro de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 25 de outubro de 2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 217, do 14 de novembro.

Lugo, 21 de novembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo