Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifican as resolucións relativas ao procedemento BS410A/2015.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, tendo en conta o disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de resultar infrutuoso o intento de notificación no último domicilio coñecido ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, publícase o presente anuncio e cítanse as persoas que se relacionan no anexo para seren notificadas por comparecencia en relación coas resolucións ditadas nos recursos de reposición dos procedementos que se citan no dito anexo.

No prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia-Sudirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Dirección Xeral de Familia, Infancia de Dinamización Demográfica, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións, advertíndolles que, de non facelo así, se darán por notificadas.

Infórmanse as persoas que se citan no anexo de que contra estas resolucións cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de poder exercer calquera que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Nº de expediente: BS410A2015/1160-0.

Nome e apelido: Yuliset Chave Acosto.

Acto administrativo: Resolución do 10 de outubro de 2016. Desestimación do recurso RR-PFC41/2016/R-2016-00027.

Nº de expediente: BS410A2015/2403-0.

Nome e apelido: Moussa Mekaoui.

Acto administrativo: Resolución do 10 de outubro de 2016. Desestimación do recurso RR-PFC43/2016/R-2016-00028.