Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2016 pola que se convoca a contratación por lotes da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con trastorno do espectro autista nas provincias da Coruña e Pontevedra, con tramitación urxente e documentalmente simplificada (expediente PA 52/2016).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal

6º Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 52/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con trastorno do espectro autista, nas provincias da Coruña e de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/dous.

d) Lugar de execución/entrega: centros de atención residencial terapéutica para persoas con trastorno do espectro autista nas provincias da Coruña e de Pontevedra.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 Servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cinco millóns cento corenta e seis mil trescentos doce euros con cincuenta céntimos (5.146.312,50 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: seiscentos sesenta e dous mil cincocentos setenta euros con cincuenta e oito céntimos (662.570,58 €), a que se lle engaden vinte e seis mil cincocentos dous euros con oitenta e dous céntimos (26.502,82 €) que corresponden ao IVE (4%), polo que o importe total do expediente de gasto é de seiscentos oitenta e nove mil setenta e tres euros con corenta céntimos (689.073,40 €).

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 283.958,82 € + 11.358,35 (IVE 4%) = 295.317,17 €.

Lote 2: 378.611,76 € + 15.144,47 (IVE 4%) = 393.756,23 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do lote ou lotes do contrato dos cales resulte adxudicatario, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará ao día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=75233

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social