Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (665/2014).

Demandante: José Ramón Morono García

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 665/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Morono García contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Visto o estado que manteñen as presentes actuacións, acórdase sinalar novamente para a súa realización o próximo día 19 de xaneiro de 2017 ás 10.25 horas para a celebración da conciliación e, de ser o caso, o mesmo día ás 10.30 horas para a realización do acto de xuízo, que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Berlín s/n. Citaranse en legal forma ás partes cos mesmos apercibimentos e requirimentos da primeira resolución convocando conciliación e xuízo.

Tense por desistido o demandante fronte a Marcelino Fernández Rodríguez e Integral Motion Assistance, S.L.

Dado que as entidades demandadas Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., e IFER Coruña, S.L. están en ignorado paradoiro, cítese por medio de edictos, que se publicará no DOG.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, esta contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L. e IFER Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza