Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 33/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 33/2013 do xulgado do social, seguido por instancia de María Lorena Graña Reino contra Denim Sport Wear, S.L. e Don Vaquero Sport Wear, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución di así:

«Resolvo:

Que debo aceptar a demanda presentada por instancia de Mª Lorena Graña Reino, representada e asistida polo letrado Sr. De la Torre Lobato contra a entidade Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e o Fogasa, que non comparecen neste acto malia estar debidamente citados e, en consecuencia, debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 5.622,35 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial, co núm. 1596, clave 65; debe indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L. e Don Vaquero Sport Wear, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza