Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (115/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 115/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra José Manuel Fernández Formoso, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Fundación Laboral de la Construcción presentou demanda de execución contra José Manuel Fernández Formoso.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 1 de xullo de 2016 por un total de 371,49 euros en concepto de principal (171,49 euros en concepto de cotas e 200 euros en concepto de honorarios de letrado) máis 37,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e déuselles a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e á Fundación Laboral de la Construcción.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de no se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral epertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado, José Manuel Fernández Formoso, en situación de insolvencia total por importe de 371,49 euros en concepto de principal (171,49 euros en concepto de cotas e 200 euros en concepto de honorarios de letrado) máis 37,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza “. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza»

Para que sirva, para os efectos de publicidade, a declaración de insolvencia de José Manuel Fernández Formoso, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza