Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 533/2013).

Procedemento ordinario 533/2013

Demandante: Gonzalo Fandiño Nande

Avogado: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fergari, S.A., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 533/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Fandiño Nande, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Acordo suspender os actos de conciliación e xuízo que estaban sinalados para o día 9 de novembro de 2016 e sinalar o día 16 de febreiro de 2017, ás 9.55 horas, para a realización da conciliación e, de ser o caso, o mesmo día ás 10.00 horas para a realización do acto de xuízo, cos mesmos apercibimentos e requirimentos da primeira resolución que convocaba a xuízo.

Constando que a entidade demandada Fergari, S.A. está en ignorado paradoiro, cítese por edictos, e cítase tamén o Fogasa.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente esta contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Fergari, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza