Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (752/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 752/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Eugenia Lozano Luengo contra o Servicio de Ingeniaría y Montaje Alén, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 15.12.2016 ás 9.45 horas en planta baixa-sala 1-edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o letrado da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 15.12.2016 ás 9.50 horas en planta baixa-sala 1-edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o maxistrado.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advertíndolle igualmente a parte demandada de que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto dos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido representado de avogado ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á SSª da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma ao Servizo de Ingeniería y Montaje Alén, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza